Hola, hoxe acompañado de Ghumersinda, véxome obrigado a interromper a narración das miñas andanzas por Italia.
Esta noite, ás 21.53 a banda da Agrupación Musical de Goián, atópabase ensaiando no auditorio local. Este edificio sempre deu algún que outro problema, pero nunca tal viran os ollos destes músicos. Mentres interpretaban a obra Titanic cos novos membros da agrupación comezou a pingar auga dunha das bocas do aire acondicionado. Motivo de risa por parte dos músicos, pois sempre andamos ca teima de que algún día vai cair. Mentres púñamos a salvo do regueiro de auga as mochilas e fundas de instrumentos, comezou unha segunda e máis forte pingueira noutra boca. E instantes despois de toda boca de aire acondicionado e de toda alarma de incendio (e buratos do teito que non deberían estar) caía un torrente de auga. Recollemos a ritmo frenético e avisamos ás autoridades competentes.
Non houbo vítimas físicas, pero si emocionais. Cando chegou o equipo de protección civil local, o Quin Team, puidemos marchar ás nosas casas máis tranquilos.
pd: Mañá non hai ensaio.
Ghumersinda e Sinistro (músicos afectados)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Hehehe (ou buábuábuá?) Arquitectuiños que cobran como arquitectóns.
Suxestión do día: podías mudar este sistema de comentarios polo de "ventá de pop-up", que isto non permite nin pegar, nin nada, é como colocarlle unhas tenaces ao teclado!
Publicar un comentario