domingo, 14 de junio de 2009

Lo imprescindible y más


****!!! De pronto me percato. La loción solar también debe tener cabida en mi equipaje. Siempre fui un poco reacio a usarla, pero los avisos de sanidad sobre el cáncer de piel cambian a uno. Los anuncios de los ministerios son muy gráficos.
Ya no podían quedar muchos mas objetos que embutir en la apretada maleta gris metalizado que pretendía utilizar.
Comencé a repasarlo todo mentalmente en el orden en el que lo había introducido: libros; hojas en blanco; un bolígrafo; otro bolígrafo; tantas camisetas como días de viaje, más dos por si acaso; un par de pantalones; calzado de caminar; ropa interior; útiles de aseo; gafas, de sol y graduadas; reloj de repuesto, pues nunca se sabe y no me gusta no saber la hora; una gorra; alguna prenda de abrigo ligera; el teléfono móvil; la cámara de fotos, siempre mi fiel compañera allá a donde voy; un par de cinturones,pues siempre se va más seguro.
Estaba todo. Acabaré añadiendo alguna cosa más, pero da igual, la lista mental estaba hecha, meterlo era cuestión de cinco minutos antes de ir a la estación para poner nervioso al personal.

martes, 9 de junio de 2009

La imaginación


Si una tarde sentado al sol en el puerto con los amigos dices "esa nube parece un pez" y todos se ríen porque no lo ven, puedes tener un problema psicológico, pero lo más probable es que tu visión de la realidad no sea la suya.







Trabajo de photoshop a cargo de sinistro.

lunes, 8 de junio de 2009

Cambiou o vento


-Mira que se está ben aquí sentado, eh?
-Estase.
-Aquí ollando o mar, escoitando as ondas e as gaivotas.
-Hm.
-Disfrutando a brisa e este olor a auga salgada
-Si, parece que está a cambiar o vento, non?
-Eh...sí, parece.
-Todo ben pola casa?
-Mira, xa cambiou o vento.

domingo, 7 de junio de 2009

Anedota 1


Ben coñecida é a afición ós corvos na Galiza. Considerados por uns como emisarios dos malos augurios e como amuletos por outros, algunha xente sempre tivo corvos na casa. Di a xente que se a un corvo lle cortas a lingua chega a falar coma os loros, de feito nalgures escoitei algún dicir juan! juan!, pero puido confundirme a similitude do graznido con esa palabra.
Ahora ben, seguro algún criaba corvos. Pero para criar había que cazalos primeiro. E a anedota de hoxe trata precisamente diso.
Nun pobo do baixo miño do cal non recordo o nome pero podo dicirvos que viviron escritores e artistas coma Eliseo Alonso ou Antonio Fernández, parei nunha cafetería a preguntar cómo ir ó monte O niño do corvo. Na cafetería atopábanse varias persoas que intuín eran clientes fixos pola familiaridade e coñecidas no pobo, pois saudaban a todo aquel que entraba. Pedín un café e pregunteille á muller que mo serviu cómo ir ó monte antes mencionado. O home da miña dereita voltouse e dixo:
-Así que queres ir ó Niño do corvo? pois iso está moi ben. Eu vou alí moitas veces, e non a pañar corvos, que os corvos os paño no Ariño (cunha voz lixeiramente afectada polo viño e de retranca).
Preguntei entón a dirección a seguir e indicoume que seguira a "carretera general" cara abaixo, e seguise dirección A Guarda. Antes de chegar atoparía un cartel á altura de O Rosal. Eu agradecinllo e inviteino a un viño, o que tamen el me agradeceu. Marchou e eu dispúñame a faer o mesmo cando o home da miña esquerda dime, ese máis que pañar corvos, o intenta, pero é tozudo coma el só, opinión que compartiron varios máis con risadas. Entón contáronme cómo pañaba os corvos aquel home que dixeron era o barrendeiro e fogueteiro. Comezou así o home da miña esquerda (non é unha transcripción exacta, pois non apuntei nada do que me dixeron obviamente, pero a esencia consérvase).

El para coller os corvos, trepa ás árbores! (eu non comprendía o absurdo diso) e preguntei, e logo o resto? O resto fae gaiolas, pon millo, e cando está o corvo debaixo queda atrapado home! (era bastante máis doado, sí). Pero non creas que leva escada, el aghabea polas árbores coma nada. Eu quedei bastante impresionado e preguntei: e nunca caiu? Sí home sí, cae case tódalas veces, cae 5 para subir unha (risada xeral dos homes da barra atentos ó relato). E nunca lle pasou nada? que va home! el cae, di mecaghoendiola, e volve subir! Eu rinme tamén con todos imaxinando a escea, disculpeime con que tiña que sacar unha fotos e en pouco sería noite, e marchei pensando se sería verdade. Era.

Comezo dun blog

Surfeirando na nete percateime de que tamén existen redes sociais, fóra das portas do feisbuk, que realmente son entretidas. É por isto que hoxe comezo un blog. Sen ter compañeiros bloggeiros comezo un blog, comezarei nun por sorteo, que me chame a atención, e despois irei mirando contactos se son interesantes, penso é boa táctica. Un blog para contar anedotas e comentar textos dos milleiros de blogs existentes.

Hoxe comeza Surfeirando na nete.