domingo, 7 de junio de 2009

Anedota 1


Ben coñecida é a afición ós corvos na Galiza. Considerados por uns como emisarios dos malos augurios e como amuletos por outros, algunha xente sempre tivo corvos na casa. Di a xente que se a un corvo lle cortas a lingua chega a falar coma os loros, de feito nalgures escoitei algún dicir juan! juan!, pero puido confundirme a similitude do graznido con esa palabra.
Ahora ben, seguro algún criaba corvos. Pero para criar había que cazalos primeiro. E a anedota de hoxe trata precisamente diso.
Nun pobo do baixo miño do cal non recordo o nome pero podo dicirvos que viviron escritores e artistas coma Eliseo Alonso ou Antonio Fernández, parei nunha cafetería a preguntar cómo ir ó monte O niño do corvo. Na cafetería atopábanse varias persoas que intuín eran clientes fixos pola familiaridade e coñecidas no pobo, pois saudaban a todo aquel que entraba. Pedín un café e pregunteille á muller que mo serviu cómo ir ó monte antes mencionado. O home da miña dereita voltouse e dixo:
-Así que queres ir ó Niño do corvo? pois iso está moi ben. Eu vou alí moitas veces, e non a pañar corvos, que os corvos os paño no Ariño (cunha voz lixeiramente afectada polo viño e de retranca).
Preguntei entón a dirección a seguir e indicoume que seguira a "carretera general" cara abaixo, e seguise dirección A Guarda. Antes de chegar atoparía un cartel á altura de O Rosal. Eu agradecinllo e inviteino a un viño, o que tamen el me agradeceu. Marchou e eu dispúñame a faer o mesmo cando o home da miña esquerda dime, ese máis que pañar corvos, o intenta, pero é tozudo coma el só, opinión que compartiron varios máis con risadas. Entón contáronme cómo pañaba os corvos aquel home que dixeron era o barrendeiro e fogueteiro. Comezou así o home da miña esquerda (non é unha transcripción exacta, pois non apuntei nada do que me dixeron obviamente, pero a esencia consérvase).

El para coller os corvos, trepa ás árbores! (eu non comprendía o absurdo diso) e preguntei, e logo o resto? O resto fae gaiolas, pon millo, e cando está o corvo debaixo queda atrapado home! (era bastante máis doado, sí). Pero non creas que leva escada, el aghabea polas árbores coma nada. Eu quedei bastante impresionado e preguntei: e nunca caiu? Sí home sí, cae case tódalas veces, cae 5 para subir unha (risada xeral dos homes da barra atentos ó relato). E nunca lle pasou nada? que va home! el cae, di mecaghoendiola, e volve subir! Eu rinme tamén con todos imaxinando a escea, disculpeime con que tiña que sacar unha fotos e en pouco sería noite, e marchei pensando se sería verdade. Era.

4 comentarios:

Gato Negro dijo...

E ti quen es?

sinistro dijo...

son sinistro

Sun Iou Miou dijo...

E eu que vivo nese lugar do que falas e que chamo Aldea das Carrouchas ata creo que sei quen é... ou era, porque xa morreu.

En fin, benvido a estes mares.

Carril dijo...

Pois si, eu que vivín nese lugar do que non lembras o nome, coñecín ao fogheteiro... e mete medo porque inda segue botando foghetes mentres cae das árbores cheo de viño!