jueves, 2 de julio de 2009

A catro días dunha viaxe

Teño a impresión de que esquecerei algunha cousa. Unha cousa imprescindible. Terá que ser imprescindible porque todo o que levas a unha viaxe o é. Cada obxecto é imprescindible para o fin que pensaches para el.
Entre hoxe e catro días sitúanse as festas do pobo. Isto dame tranquilidade. A tranquilidade de que xa sei que o domingo polo menos non vou durmir. Ou ben polas inquedanzas da viaxe ou pola música das atraccións non vou durmir.
Botarei en falta ós cans. Cando volte os pequechos residirán nas súas casas adoptivas. Podía levar o meu. Íao pasar ben. E podía alquilalo como can de cuádrigas, seguro servía. Fae de todo.

Teño que pensar ben o do can.