Teño a impresión de que esquecerei algunha cousa. Unha cousa imprescindible. Terá que ser imprescindible porque todo o que levas a unha viaxe o é. Cada obxecto é imprescindible para o fin que pensaches para el.
Entre hoxe e catro días sitúanse as festas do pobo. Isto dame tranquilidade. A tranquilidade de que xa sei que o domingo polo menos non vou durmir. Ou ben polas inquedanzas da viaxe ou pola música das atraccións non vou durmir.
Botarei en falta ós cans. Cando volte os pequechos residirán nas súas casas adoptivas. Podía levar o meu. Íao pasar ben. E podía alquilalo como can de cuádrigas, seguro servía. Fae de todo.
Teño que pensar ben o do can.

8 comentarios:
Lévao, lévao! Xa verás como se divirte nas augas de Venecia!
Quen dixo que fora a Venecia, vou de viaxe e punto.
Pois podías ir a Venecia e levar o can, os curmáns, algunha tía que outra... Digo eu, vamos, son suxestións, que tampouco nada diso é que sexa imprescindible.
E as festas, esas que chaman dos remedios (e que remedio que aturalas!), por min, pódelas levar tamén, que me son prescindibles. E non, non é porque vaia vella (que vou), senón porque a primeira e última vez que pisei no torreiro tiña quince anos e me convidara unha guichiña que tamén creo que che é algo. Mira ti, agora resulta que estou de aniversario da primeira vez que pisei nas Carrouchas...
Prefiro deixalas ahí onde caíron. Xa onte no ensaio de banda de música o boom boom boom dos coches eléctricos suplía á escasa percusión que temos. Xa mirei o do can, non deixan levalo a moitos sitios e non quero que se sinta desprazado. Non o levo.
Cos foguetes e o barullo todo, tampouco o iba pasar moi ben o can. Disfruta
Que? Non se conta nada da viaxe aquí? Que egoísmo!
O final, ¿levache o can ou non?
non levei non, pero en Venecia vin un fosterrier radiactivo. Causas dos canais.
Publicar un comentario