viernes, 15 de enero de 2010

Trocou en Matrix view

Levaba tempo xa sen escribir no blog, pero apetecendo escribir, escribo que últimamente as cousas non me axudan a levar unha vida cómoda e apacible. Dgo cousas porque cousas son. Non me vai mal ningún aspecto da miña vida. O único que falla son as cousas.
O meu colchón non é o mesmo. Non sei se eu amolecín ou os resortes efectivamente saíron do sitio, pero nótanse. A semana pasada o quentador da auga pasou a ser o temperador de auga ou, dependendo da hora, evitador da conxelación da auga. E para rematar, non chega con durmir mal e coler frío, a última cousa foi o portátil. Trateino ben, coideino cando tiña virus, instaláballe as actualizacións, xogaba con el... e agora, mentres andaba a programar un catro en raia que será o proxecto deste cuatrimestre en programación, pum. Apaga. Encendo. Apaga. Encendo e aparece na pantalla algo similar ó que vían en Matrix cando o protegonista viaxaba á velocidade da luz (ou máis se cadra). Compadécese de min e arranca, pero sen posibilidade ningunha de utilizalo correctamente salvo para intuir as letras negras sobre fondo branco que vexo a través dun filtro matrixciano.
Non sei, ó mellor ando cargado de electricidade estática de tanto ordenador que hai na escola, ou se cadra estou polarizado negativamente e atraio ós resortes e (ahora que acaba de estar o técnico mentres escribo sei o que lle pasa ó quecedor) os corpos de auga dos quecedores, cousa que soa moi técnica. O caso é que despois das duchas tómome un té quente, á cama voulle collendo á postura e o de programación escriboo en texto e mando por email para que algún compañeiro mo execute, pero creo que debo investigar o porqué das cousas, ou pagar a alguén que mas investigue e explique, o caso é que hai que arranxalas.


Saúdos

6 comentarios:

Willy Fog dijo...

Trata de amañalas por ti mesmo,tes máis recursos dos que crees, se non podes pide axuda, o de pagar ou non sempre é secundario.

condado dijo...

Vida cómoda e apacible?? Pareces un can de chalet mais que un viaxeiro

sinistro dijo...

Preciso de un determinado grao de comodidade e apacibilidade nestas datas de dias afiados que comen o tempo.

Carril dijo...

Foi falar o das dúas casas no Condado...
As cousas fáense para que as amañen os técnicos e vivan de algo, disque, así que como próspero técnico non te queixes non vaian facelas ben...
Para enerxía electroestática, muito ferro...
Para afiar os días, infusión cafeínicas.
E para durmir ben, ter sono.
Eu ando niso tamén.

Movemento pola libertade de expresión de virus e troyanos dijo...

Mentres non acabes con mocosoft, mocosoft acabará contigo!

sinistro dijo...

Eu uso mocosoft para o photoshop e pouco máis, traballo bastante con linux.